Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno fará "o posible" para que os trens Avril cheguen a Galicia no verán

O Goberno fará "o posible" para que os trens Avril cheguen a Galicia no verán

A ministra de Transportes reuniuse na Cidade da Cultura co presidente da Xunta

Sánchez confirmou que o Goberno xa remitiu as alegacións a Bruxelas sobre a concesión da AP-9

Aumentan nun 67 % as viaxes entre Galicia e Madrid coa chegada do AVE

G24.gal 21/01/2022 10:30

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, confirmou a previsión da chegada a Galicia dos trens Avril no verán e a licitación neste primeiro trimestre do ano da estación intermodal de Ourense.

Así o relatou nunha conferencia de prensa conxunta co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión de ambos no complexo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, na que tamén anunciaron a licitación este mes da conexión ferroviaria a Punta Lagosteira, o porto exterior da Coruña.

Sánchez comentou, sobre os trens  Avril -que acurtarán o traxecto entre as cidades galegas e Madrid nuns vinte minutos- que o Goberno "tentará facer todo o posible" para que cheguen canto antes a Galicia e que hai un compromiso da construtora ferroviaria Talgo para que se poida producir "durante o verán".

Tras a reunión, a primeira de Sánchez con Núñez Feijóo, que se prolongou ata a tarde, a ministra dixo que foi "intensa e produtiva" para os intereses da poboación galega.

O Goberno xa remitiu a Bruxelas as alegacións sobre a concesión de AP-9              

A ministra de Transportes informou de que o Goberno xa remitiu a Bruxelas as súas alegacións ante o procedemento de infracción aberto pola Comisión Europea polas prórrogas á concesión da autoestrada AP-9.

Sánchez explicou que xa se procedeu a "contestar a carta de emprazamento" da Comisión Europea, pero sen avanzar o contido da mesma xa que é "información reservada".

A partir de agora, haberá que espera a ver "como finaliza este expediente", engadiu. A Comisión Europea abriu en setembro pasado un procedemento de infracción contra España por incumprimento da normativa da UE nas prórrogas da concesión da AP-9, tras unha denuncia da asociación de consumidores En-Colectivo.

 

Minuto a minuto

14:42

Trala xuntanza entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a Ministra de Transportes, Raquel Sánchez, compareceron ante a prensa. Comezou falando Feijóo para explicar esta era unha xuntanza habitual para falar das actuacións que se están realizando en Galicia.

14:44

Raquel Sánchez comezou dicindo que foi una reunión de traballo intensa e produtiva para trasladar axenda do Estado en Galicia e poñer en común previsións e proxectos para mellorar calidade de vida dos galegos: "estamos comprometidos con Galicia. Estamos facendo esforzos moi fortes e conseguindo resultados moi concretos."

14:49

Raquel Sánchez: "Esta reunión co presidente da Xuna vén precedida por unha xestión do Goberno  abalada por máis de 1.200 millóns de euros investidos en Galicia e máis de 1.500 millóns licitados, o que anualmente significa dúas veces máis que a licitación de 2017 e tres veces máis no caso do ferrocarril."

14:55

Raquel Sánchez: "Puxemos en servizo 30 quilómetros de autovía e 229 quilómetros para traer a ala velocidade a Galicia. Iniciamos actuacións moi demandas como a variante do Barco en Ourense, o enlace orbital en Santiago ou urbanas como a das Pías en Ferrol."

15:02

Raquel Sánchez: "Transferimos tamén 88 millóns de euros en axudas do Plan estatal de Vivenda 2028-2021 e aumentamos nun 30% o presuposto en Galicia para o 2022."

15:05

Canto a Alta Velocidade en Galicia, Raquel Sánchez dixo que no mes que leva en funcionamento "as viaxes aumentaron máis dun 60% respecto aos niveis pre-pandemia"

15:08

Raquel Sánchez: "Desde xullo do ano pasado o eixe A Coruña -Vigo -Ourense - León pertencen de pleno dereito ao Corredor Atlántico. Isto significa que optamos a axuda comunitaria para desenvolver as actuacións necesarias neste corredor, que nos presupostos xerais do Estado ten unha dotación de máis de 1.400 millóns de euros."

15:11

Raquel Sánchez: "No ferrocarril convencional estamos mellorando a conexión Ourense - Lugo e vanse iniciar dous tramos da variante de Ourense. Tamén se están mellorando as intermodais."

15:14

Raquel Sánchez: "Este mesmo mes imos someter a información pública o treito Foz - Burela da autovía da Mariña en Lugo, A-74.

15:16

Raquel Sánchez: "Este ano todas as capitais galegas estarán 20 minutos máis preto de Ourense cos trens 'Abril'.

 

15:18

Dos Fondos de Recuperación que xestiona directamente o Ministerio, a ministra de Transportes dixo que xa se "adxudicaron máis de 150 millóns de euros para a modernización da liña Monforte - Ourense e levamos licitados 30 millóns de euros do conxunto de actuacións viarias en Galicia que poden financiarse con este fondos."

 

15:23

Raquel Sánchez: "O próximo mes constituiremos canda o Ministerio de Transición Ecolóxica a mesa de mobilidade rural e esperamos contar co apoio e a implicación de todas as comunidades autónomas."

15:25

Raquel Sánchez: "Esta semana aprobamos máis de 2.100 millóns no marco do Plan Estatal de vivenda 2022-2025 e do bono de alugueiro", para menores de 35 anos.

15:27

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, explicou que coa ministra falaron do "tren de alta velocidade e do corredor de mercadorías, do corredor Atlántico, das estacións de ferrocarril das distintas cidades que conforman a rede de Alta Velocidade de Galicia, das seis autovías que temos pendentes en Galicia así como outras variantes de poboación que conforman as prioridades da Comunidade, da autoestrada do Atlántico, tamén da autoestrada de Santiago a Lalín e concretamos algunhas cuestións en materia de vivenda, sobre os posicionamentos en canto a Lei en canto ao Plan Sectorial da Vivenda en España."

15:36

Foi un fito histórico para Galicia que o tren de Alta Velocidade chegase a Ourense dixo o presidente da Xunta e lembrou que Pedro tamén dixera que fora un fito histórico para España. Alberto Núñez Feijóo engadiu: "agora necesitamos que se expanda ao resto das cidades galegas. É un activo extraordinario para nós. É un activo extraordinario para o noroeste de España, para a nosa industria, para o noso turismo. É sen dúbida un antes e un despois desde o punto de vista da competitividade."

 

15:40

Alberto Núñez Feijóo: "O lóxico tería sido que a ministra de Transporte viñese en AVE, porque iso significaria que sí é competivo de verdade; que eu cando vaia ver a ministra poida ir en AVE.

15:43

Para que o AVE sexa competitivo de verdade, dixo o presidente da Xunta, son "os trens 'Abril'. (...) "O compromiso firme que eu lle solicitei é que estes trens cheguen no verán. Para nós xuño é un mes fantástico porque empezan a chegar, e en este Ano Santo máis, millóns de persoas a Galicia.

15:47

Alberto Núñez Feijóo: "reclamamos baixar os tempos con Madrid, en tren, e iso ímolo conseguir cos trens abril. Sobre todo para os estremos, Vigo, Coruña. Tamén se conseguirá co recorrido, co número de paradas que se produzan e irase vendo como se vai axustando para cumprir os tempos de conectividade pactados co Goberno central desde hai moito tempo: 3 horas 20 a Vigo, 3:15 á Coruña, 2:45 a Santiago e os 2:15 que xa temos en Ourense".

15:53

Alberto Núñez Feijóo: "Falamos tamén de levar o ancho internacional a Santiago, que xa era o falado. Quedamos de estudar  esto en un grupo técnico"

15:55

Alberto Núñez Feijóo: "Tamén falamos doutros temas pendentes como é o túnel do Padornelo en Ourense, que se nos dí que seguen cos plans iniciais, tamén falamos da variante exterior de Ourense, onde se licitaron dous treitos e queda máis da metade por licitar, tamén se nos trasladou que seguirán cos prazos de Adif e tamén falamos da primeira gran estación de alta velocidade que vai ter Galicia desde o punto de vista da conectividade, que sería Ourense. A Ministra díxome que se podería licitar nos primeiros seis meses deste 2022, cun investimento duns 140 millóns de euros."

16:01

 

Alberto Núñez Feijóo: "Sobre a conectividade entre Vigo e Ourense, por tren, referíusenos que unha vez que se remate o estudo hidrolóxico se verían os avances que serían necesarios".

16:04

Alberto Núñez Feijóo: "Trasladeille á Ministra a importancia de que Lugo non quede descolgada da Alta Velocidade. Temos obras, e verdade que entre Ourense deberíase ir máis rápido, temos a electrificación actual da vía e despois das variantes."

16:05

Alberto Núñez Feijóo: "Canto ás estacións intermodais, licitaron Santiago, Vigo está concluído e quedaría Coruña e Lugo. En Coruña vamos ver si somos capaces de asinar o convenio co Concello. Nós temos os cartos a disposición para poder facer a estación de autobuses. En Lugo parece ser que o Concello está modificando a planificación para poder firmar posteriormente o convenio con Adif."

16:13

Alberto Núñez Feijóo: "Sobre o corredor Atlántico de Mercadorias, a Ministra confirmoume que vai designar o comisionado. Iso é unha boa noticia.(...)Sobre isto fixemos 3 consideracións: unha a conexión ferroviaria do porto da Coruña, que a ministra acaba de confirmar que espera licitalo este mes (...). En canto á conexión de Vigo con Portugal, que nos parece estratéxica por parte da Xunta, prioritaria para a conectividade do Eixe Atlántico desde A Coruña a Lisboa (...) quedamos en darlle prioridade e imos formar parte do Comité Técnico que estude a saída sur".

16:19

Alberto Núñez Feijóo: "As obras das autovíalles, trasladámoslle a Ministra, que van a un ritmo inasumible para Galicia. Temos 6 autovías, algunhas empezadas hai 20 anos, sen finalizar."

16:21

Sobre a posibilidade de pagamento que estuda o Goberno central para as autovías, Alberto Núñez Feijóo, dixo de momento non se vai posicionar porque non se sabe se se vai facer, pero que en todo caso sería que "non poderíamos asumilo e non sería lóxico para a maioría das comunidades autónomas de España. É un custo por quilómetro e seria claramente discriminatorio para os territorios que están máis alonxados do centro. Para Galicia e para outras suporía un quebrando da competitividade que non poderíamos asumir".

16:29

Alberto Núñez Feijóo: "Por suposto que pedimos a transferencia da AP-9. (...)Cónstame que esté no Congreso, que hai que desbloquealo no poder Executivo e que hai dous ministerios, o de Transportes e o de Administración Territorial, entendemos que nese foro temos que avanzar."

16:31

Alberto Núñez Feijóo: "Trasladeille a Ministra a discriminación que hai na autopista de Santiago a Lalín porque o resto das autopistas teñen bonificacións nas viaxes de ida e volta",  no mesmo día

16:35

 

Alberto Núñez Feijóo: "Sobre a Lei de Vivenda faleille das dudas fundadas sobre o texto actual, veremos a ver se hai un novo texto ou non".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade