Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenados a penas de dous a cinco anos de cadea os narcotraficanes do Vao

Condenados a penas de dous a cinco anos de cadea os narcotraficanes do Vao

Os 21 acusados, que xa levaban 14 meses en prisión provisional, chegaron a un acordo co Ministerio Fiscal

Os acusados durante a vista oral Os acusados durante a vista oral
G24.gal 04/05/2023 16:39

A sección cuarta da Audiencia de Pontevedra condenou en conformidade a un total de 21 persoas pertencentes a catro clans familiares residentes no poboado chabolista do Vao de Abaixo, en Poio (Pontevedra), que aceptaron penas de entre dúas e cinco anos de cárcere por tráfico de drogas despois de chegar a un acordo coa Fiscalía.

En virtude dese pacto alcanzado co Ministerio Público, as matriarcas dos grupos da Conexa, dos Familiares, da Joaquina e da Magdalena asumiron condenas de tres anos e medio de prisión. Os 21 acusados accederon á sala de vistas por grupos divididos por clans. Inicialmente eran 22 as persoas procesadas, pero una delas faleceu.

Ao longo da mañá do xoves o Fiscal estivo a negociar o acordo cos avogados da defensa concedendo unha rebaixa na súa petición inicial de penas a cambio do recoñecemento dos feitos.

Entre outras circunstancias, os letrados alegaban que a día de hoxe xa non se vende de droga no Vao de Abaixo. O fiscal Antidroga, Pablo Varela, tamén tivo en conta que moitos xa permaneceron entre sete e 14 meses en prisión provisional.

Agora o tribunal ditará sentenza nos termos acordados entre as partes e esta será firme, de modo que contra ela non se poderá interpoñer recurso.

A Fiscalía pedía incialmente penas de entre cinco e seis anos de cárcere para os 22 procesados por delitos de tráfico de drogas e integración de grupo criminal agravados para dez deles por reincidencia.

Catro clans

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, todos eles formaban parte de catro clans compostos por distintas familias que, polo menos entre setembro de 2017 e 2018, operaban no poboado chabolista para abastecer aos toxicómanos que se achegaban ao Vao para obter as súas doses de heroína e cocaína.

Así, o clan da Conexa, o dos Familiares, o da Joaquina e o da Magdalena facían quendas para atender a demanda de persoas que viaxaban ata o poboado. Cada semana correspondía a un dos catro grupos o control do negocio.

Para iso, cada clan dispoñía dunha chabola dedicada á atención dos toxicómanos e despacho dos estupefacientes. Dentro das estruturas familiares existían roles que ían desde a adquisición da droga ao trato cos clientes á vixilancia ou o coidado das chabolas onde os toxicómanos podían consumir as drogas que acababan de comprar.

A Fiscalía sostiña que nesta dinámica delituosa "sostida e estruturada" evidenciábase que os catro clans compartían un espazo físico común para desenvolver a súa actividade criminal e, ademais, a presentación dos estupefacientes era homoxénea, cos envoltorios de plástico anoados en forma de gravata.

Ao longo de 14 meses desde outubro de 2017, a Garda Civil realizou varias intervencións no poboado nas que se incautou de droga, diñeiro en efectivo e outros aveños dos supostos membros dos catro grupos criminais que controlaban o mercado da droga no poboado do Vao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade