Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os gandeiros comezan as protestas para pedir prezos xustos para o leite

Os gandeiros comezan as protestas para pedir prezos xustos para o leite

Concentraranse diante da sede de Lactalis, en Vilalba

Desde setembro de 2020, pecharon en Galicia 380 explotacións lácteas

G24.gal 11/11/2021 08:01

Os gandeiros de toda España acusan as industrias de bloquear a suba dos prezos en orixe, incumprindo a Lei da cadea alimentaria, que obriga a compensar os granxeiros polo aumento dos custos de produción.

Os sindicatos agrarios, que participaron na reunión da Interprofesional Leiteira no ministerio, pídenlle ao Goberno que faga cumprir esa lei para que os gandeiros reciban un prezo que lles cubra os elevados gastos.

Produtores de leite, e tamén da carne, levan meses clamando por prezos xustos. O incremento dos custos de produción, que supón entre o 50 e o 60 % dos custos totais, non deixa marxe para os beneficios.

A suba das materias primas para alimentación animal e da enerxía fai que a maioría dos gandeiros vendan a perdas. 

As organizacións agrarias teñen previsto seguir coas mobilizacións para evitar que sigan pechando granxas neste país. Desde setembro de 2020, pecharon en Galicia 380 explotacións lácteas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade