Publicador de contidos

Publicador de contidos

O servizo de vixilancia e socorristas nas praias está operativo desde hoxe ata o 15 de setembro

O servizo de vixilancia e socorristas nas praias está operativo desde hoxe ata o 15 de setembro

Por primeiro ano, a zona portuaria coruñesa do Parrote terá vixilancia

G24.gal 15/06/2022 14:45

A partir de hoxe está  operativo o servizo de vixilancia nas praias urbanas; socorristas, monitores de accesibilidade, técnicos de emerxencias, efectivos de Protección Civil e da Policía Local vixiarán pola seguridade dos bañistas, en horarios de mañá e tarde. O servizo de vixilancia estará operativo tres meses; desde hoxe ata o 15 de setembro

Nestes primeiro día, a néboa foi a protagonista deste primeiro día en toda a costa galega. Na  praias urbanas coruñesas mesmo ondeou a bandeira vermella durante boa parte da mañá, de aí que moi poucos se atreveron a meterse na auga. Si o fixeron, como é habitual, as coñecidas como as sereas do Parrote, unha zona que por primeira vez contará con servizo de vixilancia.

"É que ademais eu penso que hai que poñelo en valor que este é un sitio privilexiado. Hai que reivindicar o que sempre foi. Entón paréceme moi ben", di unha bañista.

É unha das novidades coas que conta este ano o servizo de socorristas para as praias coruñesas, que amplía polo tanto o número de efectivos.

"Temos un equipo de 50 persoas. Ademais temos un patrón de embarcación, temos enfermeiro, médico e unha ambulancia con técnico de emerxencias", sinala a coordinadora do servizo de socorristas.

Outra das novidades é unha aplicación para o móbil coa que os usuarios poden informar de calquera incidencia.

 "Os casos que suceden nas praias son picadas de fanecas bravas, escarapotes, algún corte. Pero por exemplo temos aquí dúas praias pequenas onde non hai vixilancia, coa aplicación poden poñerse en contacto con nós ao momento", di David Varela, creador da aplicación.

Con bo ou mal tempo, o servizo de socorristas estará activo nas praias coruñesas ata o 15 de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade