Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a Feira do Libro en Compostela co regreso das firmas de autores

Comeza a Feira do Libro en Compostela co regreso das firmas de autores

O parque da Alameda acolle a feira ata o vindeiro 8 de maio

Haberá presentacións e firmas de libros por parte de moitos autores recoñecidos  e descontos do 10 por cento 

G24.gal 01/05/2022 15:00

Este domingo inaugurouse en Santiago a Feira do Libro, que contou coa participación, entre outros, do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, e o presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Manuel Domínguez. O pregón correu a cargo de Berta Dávila.

O parque da Alameda de Compostela acolle a feira ata o vindeiro 8 de maio, en horario de mañá e de tarde. Contará con descontos do 10 por cento en todos os libros, así como unha serie de eventos. Tamén haberá presentacións e firmas de libros por parte de moitos autores recoñecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade