Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco hidroeléctricas portuguesas pechan a súa actividade pola seca

Cinco hidroeléctricas portuguesas pechan a súa actividade pola seca

As súas centrais máis achegadas a Galicia non xeran enerxía dende hoxe

No sur do país hai áreas onde se prohibiu a rega

 

Alberto Mancebo 02/02/2022 14:32

Portugal detivo a produción hidroeléctrica de 5 encoros. A situación de seca no país veciño é preocupante. Rexistraron o mes de decembro máis seco en 40 anos e este de xaneiro vai polo mesmo camiño. Unha das centrais que cesou a actividade é o encoro de Lindoso que limita con Galicia. 

É histórico que Portugal se encontre nesta situación en pleno inverno. Dependen de que chova en marzo e abril, como explicaba hai unhas horas o ministro de medio ambiente. Por sorte, os nosos veciños son líderes en xerar electricidade con enerxías renovables e poden suplir facilmente este déficit de produción, de feito a enerxía solar comezou a repuntar axudado polos días solleiros. Pero hai danos máis difíciles de suavizar, como os da agricultura. Na zona leste do Algarve está prohibido regar ata que se supere esta crise.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade