Publicador de contidos

Publicador de contidos

Choque frontal de PSOE e PP sobre os acontecementos políticos desta semana

Choque frontal de PSOE e PP sobre os acontecementos políticos desta semana

Pedro Sánchez sostén que o PP incumpre a Constitución e que a súa estratexia é pedir eleccións anticipadas "todos os días"

Mentres, Núñez Feijóo sinala que a Sánchez só lle queda resistir despois de facer todo o contrario do que prometeu en campaña electoral

G24.gal 17/12/2022 15:10 Última actualización 17/12/2022 15:34

Pedro Sánchez asegura que se vai cumprir a Constitución e resolver o problema de Cataluña fronte á estratexia do PP, que é pedir arreo eleccións anticipadas. Afirmou que non van aceptar leccións de constitucionalismo dos partidos que incumpren a Constitución e que está a "bloquear o goberno dos xuíces":

"É o que están facendo desde hai catro anos a esta parte no Consello Xeral do Poder Xudicial incumprindo coa Constitución. É o que están facendo agora co Tribunal Constitucional: bloquear o goberno dos xuíces, bloquear o Tribunal Constitucional e se para iso necesitan bloquear o Parlamento non se cortan un pelo, van e fano"

Desde Podemos sosteñen que "a dereita conspira contra a democracia" e din que despregarán medidas para evitalo:

"A nosa plena disposición a emprender como Goberno todas as accións que sexan pertinentes para defender a legalidade e a orde constitucional das agresións de que son obxecto", anunciou Ione Belarra.

Desde unha visión radicalmente diferente, Núñez Feijóo sostén que Sánchez xa non pode convencer os españois de que é bo modificar os delitos de sedición ou malversación ao gusto dos independentistas ou fracturar a independencia do poder xudicial. Nesa liña, acusou a Sánchez de mentir:

"Cando un presidente di: nunca gobernarei con Podemos. Nunca pactarei con Bildu, os condenados do procès cumprirán todas as penas, garanto a independencia das institucións; cando dixo todo isto na campaña electoral e fixo exactamente o contrario é evidente que a este presidente só lle queda resistir".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade