Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celébranse en Santiago as catas de meles e queixos de Galicia

Celébranse en Santiago as catas de meles e queixos de Galicia

30 queixerías pertencentes ás catro denominacións de orixe protexida compiten con 51 mostras polo título de mellor queixo

43 meles compiten nas categorías de monoflorais, multiflorais e mel de bosque

02/12/2021 21:26

Celébranse es Santiago de Compostela as XXIV Catas de queixos e meles de Galicia, un certame organizado pola Xunta e polos consellos reguladores. Nas catas compiten 30 queixerías pertencentes ás catro denominacións de orixe protexida con 51 mostras.

No caso dos meles concursan 25 industrias con 42 meles nas categorías de monoflorais, multiflorais e mel de bosque. Tanto a cata dos meles como a dos queixos faise baixo a modalidade de cata a cegas, que consiste en que os catadores descoñecen en todo momento a que elaborador pertence o produto que están a avaliar.

Na última xornada, fixada para o 3 de decembro, coñeceranse os mellores queixos e meles de Galicia. Os premios entregaranse o próximo 19 de decembro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade