Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ceban nunha granxa do Saviñao unha vaca frisoa de case 1.500 quilos

Ceban nunha granxa do Saviñao unha vaca frisoa de case 1.500 quilos

Outros exemplares da mesma explotación acadaron tamén a tonelada e media

Félix Aragunde 27/03/2023 13:58

O peso de Marquesa, criada dende hai oito anos nunha granxa de leite da Broza, no Saviñao, achégase aos 1.500 quilos. É dicir, o dobre do que adoitan pesar as vacas frisoas.

Segundo sinala o seu dono, o segredo non é outro que a alimentación, posto que o animal bota dez horas ao día pastando ao aire libre e ademais levan anos cebándoo.

"Cando deixou de dar leite, que non quixo empreñar, xa estaba bastante coidada, polo que levamos dous anos cebándoa. Comeu un pouco de todo, incluso patacas, millo ou fariña de centeo. Haille que dar cantidade e que sexa comida boa", di Abilio Rodríguez, gandeiro.

Marquesa non é a primeira vaca dunha tonelada e media que crían nesta mesma explotación láctea. En anos anteriores venderan outros exemplares que igualaban, e mesmo superaban, o seu peso. Tocante ao prezo de venda do animal, podería acadar os 5.000 euros.

"O ano pasado levaron unha con cerca de 1.600 quilos e outra máis de 1.500. E hai tres anos vendéranse outras dúas tamén moi boas. As do ano pasado deran 9.000 euros máis IVE", asegura Abilio.

Tras media ducia de partos e dous anos sen dar leite, o destino de Marquesa será o matadoiro, onde procesarán a súa carne para acabar nas mesas dun restaurante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade