Publicador de contidos

Publicador de contidos

CCOO e UGT advirten de que haberá mobilizacións se non hai acordo salarial

CCOO e UGT advirten de que haberá mobilizacións se non hai acordo salarial

Milleiros de persoas participan nas manifestacións convocadas en 70 cidades

A ministra de Traballo anuncia a elaboración do Estatuto do Traballo do século XXI

G24.gal 01/05/2022 14:42

Milleiros de persoas participaron este domingo nas manifestacións convocadas por CCOO e UXT en máis de 70 cidades españolas. Os líderes dos dous sindicatos mostráronse satisfeitos polos acordos conseguidos sobre a reforma laboral ou o salario mínimo interprofesional. Pero advirten de que haberá mobilizacións se non hai un acordo salarial que permita manter o poder adquisitivo dos traballadores.

En Madrid, a manifestación arrancou pouco despois do mediodía na Gran Vía cos líderes de CCOO e UXT á cabeza. Os dous dirixentes sindicais coincidiron en que este non é un primeiro de maio coma os anteriores, porque finalmente houbo acordo entre o Goberno e os axentes sociais sobre a reforma laboral, o salario mínimo interprofesional, a lei de pensións ou a "lei Ryder". Pero advirten de que non se conforman. Agora reclámanlle á patronal que acepte fórmulas salariais que garantan o poder de compra e cláusulas de revisión salarial.

"Este é un primeiro de maio de satisfacción polo conseguido, para tomar alento e para continuar na loita en defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras"

"Non imos transixir coa actitude de boicoteo da patronal a un acordo estatal de negociación colectiva que ten que servir para garantir o poder adquisitivo dos salarios, neste e nos dous proximos anos"

E ao Goberno pídenlle axudas para evitar que os traballadores sigan empobrecéndose. A ministra de Traballo, que asistiu á manifestación de Madrid xunto a outros membros do Goberno e de partidos políticos, anunciou que van comezar as xuntanzas para elaborar o Estatuto do Traballo do século XXI.

"Pois agora toca abrir as portas do dereito laboral ao século XXI. Cambiar a realidade de arriba a abaixo"

En Valencia, Bilbao, Barcelona... miles de traballadores participan este domingo nas marchas convocadas en máis de 70 cidades españolas, que se celebran sen restricións, tras dous anos de pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade