Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro falecidos, entre eles o autor, nun tiroteo nun centro comercial en Indiana (EUA)

Catro falecidos, entre eles o autor, nun tiroteo nun centro comercial en Indiana (EUA)

Un cidadán que se atopaba no centro e que ía armado cunha pistola abateu o sospeitoso

Hai dúas persoas feridas

G24.gal 18/07/2022 07:20

Catro persoas morreron nun tiroteo nun centro comercial en Greenwood, Indiana (EUA), no que un home matou cun rifle a tres persoas e feriu a outras dúas e morreu despois abatido por un civil que ía armado cunha pistola.

Segundo explicou en rolda de prensa Jim Ison, xefe de policía desta localidade situada ao sur de Indianapolis, o sospeitoso, cuxa identidade non facilitou, entrou cun rifle no centro comercial, dirixiuse á zona onde comen os clientes e comezou a disparar á xente. Un cidadán que se atopaba no centro e que ía armado cunha pistola abateu e matou o sospeitoso.

Segundo Ison, que en todo momento chamou "bo samaritano" ao cidadán armado que matou ao tirador, explicou que esta persoa está a colaborar "completamente" coas autoridades. Os dous feridos foron trasladados a un centro hospitalario da zona. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade