Case 30.000 proxectos beneficiados polos fondos europeos de recuperación
Case 30.000 proxectos beneficiados polos fondos europeos de recuperación
O Goberno cifra no 42 % o grao de execución das axudas comunitarias
Calviño di que as medidas do Goberno recortaron en ata 3 puntos a suba dos prezos
O Goberno cifra en case 30.000 os proxectos beneficiados ata o momento polos fondos europeos de recuperación.
A vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, explicou no Congreso que xa se aprobou o destino de máis de 10.000 millóns de euros desas axudas, o equivalente ao 42 % de todos os fondos autorizados por Bruxelas.
Na mesma comparecencia, Calviño defendeu a eficacia das medidas aprobadas polo Goberno para conter a suba dos prezos.
A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos dixo que "grazas ás contundentes medidas adoptadas en resposta á guerra, a inflación reduciuse entre dous e tres puntos porcentuais no curso deste ano".