Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez acusa o PP de "enmudecer" as Cortes e Feijóo pídelle que non reduza a "cinsas" a democracia

Sánchez acusa o PP de "enmudecer" as Cortes e Feijóo pídelle que non reduza a "cinsas" a democracia

O xefe do Executivo garantiu que, fronte ás pretensións do PP, o Parlamento vai falar "alto e claro"

O líder do PP téndelle a man a Sánchez para deixar o "independentismo e voltar ao constitucionalismo"

G24.gal 21/12/2022 14:37 Última actualización 21/12/2022 23:19

É a quinta vez que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, debatan no Senado. Un debate que chega no medio dun ambiente moi crispado entre PSOE e Partido Popular como consecuencia do choque institucional xurdido tras a decisión que adoptou o Tribunal Constitucional este martes. 

Sánchez repróchalle a Feijóo "enmudecer as Cortes"

O presidente o Goberno, Pedro Sánchez, reprochoulle a Alberto Núñez Feijóo que a súa única achega á política nacional en nove meses foi "enmudecer" as Cortes Xerais, unha crítica ante a que o líder do PP lle replicou que deixe de tomarlle o pelo aos españois.

Sánchez e Feijóo enleáronse en acusacións mutuas no seu cara a cara durante a última sesión de control do ano no pleno do Senado e no medio da polémica xerada pola paralización da reforma xudicial por parte do Tribunal Constitucional.

O xefe do Executivo garantiu que, fronte ás pretensións do PP, o Parlamento vai falar e o vai facer "alto e claro". Sánchez tamén recalcou que Feijóo "chegou máis lonxe que o seu antecesor", Pablo Casado, achacouno a que non "quere correr a mesma sorte que el".

Feijóo téndelle a man a Sánchez para deixar o independentismo e volver ao "constitucionalismo".

Pola súa banda, Feijóo acusa a Sánchez de posicionarse do lado do independentismo e deixar de lado o constitucionalismo, botándolle en cara que "prometera loitar contra a corrupción pero non perdoala".

Tamén lle recriminou a Sánchez que dixera que non ía rebaixar as penas ca lei do si e si pero que "ían máis de cen penas e coa corrupción pasará o mesmo".

Feijóo recrimínalle a Sánchez que quere impoñer os seus intereses persoais

Feijóo recriminoulle a Sánchez que "só quere satisfacer os seus socios" mentres el só pensa en cumprir as leis, engadindo que o presidente do Goberno "quere impoñer os seus intereses persoais mentres eu quero que se cumpra a Constitución".

Feijóo estaba visiblemente enfadado e pediulle a Sánchez que deixe "de tomar o pelo aos españois" e que "deixe de provocar e de descalificar o TC".

Tamén engadiu que "non hai un só primeiro ministro europeo" que fale como o presidente do Goberno. Ademais o líder do PP afirmou que "ninguén cuestionou a lexitimidade da victoria electoral de Sánchez pero botoulle en cara que "perfeccionou o manual de obediencia aos independentistas".

De feito, preguntoulle se ten data para celebrar unha consulta como lle piden os independentistas.

Sánchez chancea dicindo que só quere instaurar a república bolivariana

Ante as acusacións de Feijóo, o presidente do Goberno chanceou dirixíndose á cámara dicindo que "xa saben vostedes que a miña única misión é instaurar a república bolivariana", para continuar argumentando que a única mensaxe é que "este goberno cumpre coa Constitución e son vostedes os que non cumpren coa Constitución".

A decisión do Tribunal Constitucional foi o centro do debate entre os dous líderes de principio a fin das súas comparecencias nun cruce de acusacións que xiraban en torno a esa polémica.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade