Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interior reforza con 500 axentes os controis de pasaporte dos aeroportos

Interior reforza con 500 axentes os controis de pasaporte dos aeroportos

As colas deste días débense a falta de efetivos policiais e a masiva chegada de viaxeiros británicos

G24.gal 08/06/2022 14:24

En Baraxas non se viron hoxe as ringleiras de viaxeiros dos últimos días agardando no control de pasaportes. Pero si algún caso puntual que contaba que tivera que esperar ata hora e media.

A patronal das aeroliñas confía en que as medidas anunciadas polo Ministerio do Interior, reforzar con cincocentos policías os controis de pasaporte dos distintos aeroportos e facilitar a entrada dos viaxeiros británicos, normalice a situación de cara aos vindeiros meses.

Os sindicatos policiais identifican o problema. Falta de efectivos e as consecuencias do brexit. Agora os turistas británicos teñen que pasar polo control de pasaportes.

O Ministerio do Interior negou o caos nos aeroportos españois. E o mesmo tempo anunciou medidas. Destina 500 policías aos principais aeroportos. E solicita a Unión Europea que os cidadáns británicos poidan utiliza os controis automáticos como xa fan noutros países europeos.

Quedan outros por resolver que poden facer que volvamos ver imaxes como esta. Os sindicatos falan tamén de falta de efectivos nos mostradores de facturación. Podemos estar ante un verán complicado nos aeroportos españois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade