Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cambian Benidorm por San Xoán de Río para o seu proxecto de cosmética natural

Cambian Benidorm por San Xoán de Río para o seu proxecto de cosmética natural

En setembro vanse instalar nunha casa con horta, onde van experimentar con extractos de castiñeiro e plantas medicinais autóctonas

G24.gal 24/05/2023 15:00

Todo comezou cunha mensaxe ao portal Aldealista, unha plataforma que loita contra o despoboamento do rural.

Dun piso en Benidorm pasarán en setembro a unha casa con horta do municipio ourensán de San Xoán de Río. Alí van experimentar con estractos de castiñeiro e plantas medicinais autóctonas, coa malva e a flor do sabugueiro.

Juan Carlos Pastor, técnico de laboratorio bioquímico, explica que apostan por unha reformulación da cosmética mediterránea que fan agora. Di: "O que estamos facendo é transformar a nosa liña de cosmética buscando activos nominativos da rexión de Galicia para darlle valor a esa contorna rural e crear unha cosmética rural galega".

E a medio prazo mesmo queren ter unha denominación de orixe Ribeira Sacra. Pero o seu non é só un proxecto empresarial. "É verdade que o cambio xurdiu máis por unha necesidade persoal, unha necesidade interior", engade Juan Carlos.

O fundador de Aldealista, Juan Carlos Pérez, destaca que "os portais tradicionais non atopan moitas veces iso non? O que fixemos foi rastrexar a zona cos veciños".

A aplicación comezou nunha aldea ourensá, pero ábrese xa a outras poboacións galegas de menos de cinco mil habitantes. 

"Queremos que a ente que está en Suíza, en Alemaña, en Portugal, na Arxentina, no Brasil... poida facer tamén 'match' co rural galego", di Pérez. Úsase xa en 23 países.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade