Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cabo e Ares afrontan a ACT co obxectivo da permanencia

Cabo e Ares afrontan a ACT co obxectivo da permanencia

Son os dous representantes galegos na mellor competición de traiñeiras

A liga Euskolabel comeza este sábado en Bilbao (G2)

G24.gal 29/06/2022 21:47

A Liga Euskolabel de traiñeiras volve esta fin de semana e farao con dous representantes do noso remo. Cabo de Cruz e Ares lograron a permanencia o ano pasado e sairán co mesmo obxectivo, tentar manter a categoría ante os xigantes de Euskadi, que están a un nivel moito máis alto no aspecto económico. 

Cabo de Cruz é un clásico da ACT. Un dos conxuntos máis modestos, que vai afrontar a súa 15.ª liga. As últimas temporadas consolidouse como o mellor equipo galego e tentará seguir na mesma liña, buscando a sorpresa nalgunha regata e mirando cara ao mes de setembro para redondear a temporada repetindo na Kontxa.

Tivo baixas importantes (Motos, Rapi, Diego Suárez, Louxa, Zeta), pero acabou sacando boas incorporacións, e de remeiros, moitos deles da canteira (Sayáns, Eclise, Marco Silva ou Chile). 

Ares afronta a terceira temporada consecutiva, cuarta da súa historia, cos mesmos obxectivos que Cabo. Manteñen o bloque da temporada pasada (só perderon dous titulares) e tamén conseguiron apuntalar o equipo con bos reforzos e máis profundidade de banco. 

A competición principiará este sábado cunha contra o reloxo en Bilbao. Verémola na G2 e contaremos con Juan Zunzunegui, exadestrador de Ziérbena, como comentarista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos