Publicador de contidos

Publicador de contidos

Búscanse camareiros e cociñeiros para traballar no verán en Galicia

Búscanse camareiros e cociñeiros para traballar no verán en Galicia

O sector da hostalería afronta o problema da escaseza de persoal para os meses de máis traballo

Segundo o INE, en Galicia hai 2.047 empregados menos no sector que antes da pandemia

A inestabilidade laboral fixo que moitos profesionais fuxiran da hostalería 

 

Moitos locais galegos están a ter problemas para atopar persoal para traballar no verán.
G24.gal 28/05/2022 14:35 Última actualización 28/05/2022 14:57

Estamos ás portas do primeiro verán tras a pandemia e a hostalería galega enfróntase á volta á normalidade sen persoal dabondo para cubrir a demanda. O sector perdeu atractivo laboral e, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística en Galicia, hai agora 2.000 camareiros menos que antes da pandemia.

Esa escaseza de persoal é o principal problema do sector, un dos máis castigados durante a pandemia. Segundo a Federación Galega de Hostalería, hai moitos locais galegos que están a ter serias dificultades para completar os seus cadros de persoal con vistas a este verán, que se prevé o da volta á normalidade do turismo. 

Entre os motivos, están a inestabilidade laboral, as condicións de traballo e a precariedade, o que fixo que moitos profesionais fuxiran da hostalería cara a outros sectores e tamén, din, falta formación. 

Centos de hostaleiros galegos afánanse estes días na busca de camareiros e persoal de cociña para afrontar o verán, os meses de máis traballo.  

Segundo a Federación Galega de Hostalería, hai locais que din que non poderán abrir porque non conseguen xente. Algúns hostaleiros apostan por reducir horarios e mellorar os soldos dos traballadores.

Cunhas moi boas perspectivas para o turismo o sector hostaleiro galego trata de solucionar a escaseza de persoal e superar a crise dignificando a profesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade