Buscan unha solución urxente á falta de médicos en Portugal
Buscan unha solución urxente á falta de médicos en Portugal
Varios servizos de diferentes hospitais tiveron que pechar
O Goberno quere que o Colexio de Médicos autorice un incremento de prazas nas facultades
En Portugal levan semanas debatendo como solucionar a falta de médicos no seu sistema sanitario. A situación é grave, e algúns servizos mesmo pecharán este verán.
É unha realidade que preocupa dende hai tempo, pero todo estalou hai uns días cando un bebé faleceu porque non había ningún médico de urxencias no hospital en que estaba, en Caldas da Rainha, preto de Lisboa.
Despois dunha fin de semana de caos, con varios servizos deste tipo pechados por falta de persoal, o Goberno dá un golpe na mesa e presentou este martes un plano para presionar o Colexio de Médicos, de quen dependen as prazas nas facultades, para formar máis profesionais.
Dende o executivo din estar dispostos a comezar unha batalla mentres que xa están facilitando os estudos no estranxeiro aos estudantes portugueses que o desexen.