Cargando resultados...
Buscan un home de 46 anos desaparecido en Ponteareas dende o sábado
Buscan un home de 46 anos desaparecido en Ponteareas dende o sábado
Saíu da casa da súa nai coa furgoneta e, de momento, nada se sabe do seu paradoiro
O operativo de busca rastrexou sen éxito o monte de Xinzo
G24.gal
17/09/2023 21:47
Ten 46 anos, está casado e é pai dunha filla pequena. Ángel Cobelo, vive en Ponteareas pero dende o sábado á mañá non se sabe nada del. Non durmiu na súa casa e a última persoa coa que estivo foi a súa nai.
Pasadas 24 horas, denunciaron a súa desaparición no cuartel da Garda Civil e comezaron unha busca que se centra en localizar a súa furgoneta Dacia.
Acompañados de cans de rescate, rastrexaron sen éxito o monte de Xinzo, xa que ningunha das cámaras de tráfico localizou o seu coche circulando polas autoestradas da zona.
A familia pide a colaboración cidadá e facilita un número de teléfono para quen poida dar pistas sobre o seu paradoiro: 657 889 249.
