Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bueu e Cabo, triunfadores no inicio da Liga Galega de Traiñeiras

Bueu e Cabo, triunfadores no inicio da Liga Galega de Traiñeiras

G24.gal 19/06/2022 13:48

As principais favoritas non agardaron para presentar a súa candidatura á Liga Galega de Traiñeiras. A proba inaugural en Sanxenxo evidenciou a superioridade de Cabo da Cruz, vixente campioa da Liga feminina que, malia aos grandes cambios na súa tripulación, levou a bandeira con oito segundos de marxe sobre Chapela e máis dun minuto sobre Mugardos A Cabana, dúas das candidatas a desbancala, e a facerse coas dúas prazas de ascenso á Liga EuskoTren.

A Liga masculina comezou co formato contra reloxo, e con toda a emoción. Houbo que agardar ata despois da chegada de Samertolameu, xa na segunda quenda, para que a tripulación de Bueu, que remara na primeira, festexase a vitoria. Separáronas 16 segundos. O podio desta bandeira inaugural completouno Tirán, a vinte e tres.

A Liga continúa a fin de semana vindeira en Mera e Boiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos