Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas mantén a suba do PIB de España no 4 % pero eleva a inflación ao 8,1 %

Bruxelas mantén a suba do PIB de España no 4 % pero eleva a inflación ao 8,1 %

A Comisión Europea agarda que en 2023 a inflación baixe ao 3,4 %, pero é máis pesimista respecto ao crecemento económico, que sitúa no 2,1 %

G24.gal 14/07/2022 11:17 Última actualización 14/07/2022 15:04

A Comisión Europea (CE) calcula que a economía española crecerá un 4 % neste 2022. Confirma desta maneira a previsión que xa realizara na primavera e que supón un 1,6 % menos do que estimaba ao comezo do ano.

Nestas proxeccións da CE, as segundas realizadas desde o inicio da guerra en Ucraína, elévase ata 1,8 puntos a previsión de inflación para España e agarda que peche o ano no 8,1 %. Esa cifra sitúase lixeiramente por debaixo da media comunitaria, que se establece no 8,3 %, aínda superando o agardado para a zona euro, un 7,6 %.

As previsións de crecemento do PIB español tamén son mellores que a media comunitaria, que se sitúa no 2,7%, un 2,6 % na zona euro. De cumprirse, a economía española sería a sétima en crecemento no mercado comunitario e a primeira das grandes economías europeas, no presente exercicio, ao mesmo nivel que Grecia e superada por Portugal, Eslovenia, Irlanda, Croacia, Hungría e Malta.  

Menos crecemento en 2023 e inflación aínda alta

Para 2023, o Executivo comunitario rebaixa a expansión do PIB español ao 2,1 %, fronte ao 3,4 % anticipado na primavera. Tamén revisa a proxección de inflación, que prevé que se sitúe no 3,4 %, 1,6 puntos máis do previsto anteriormente.

As previsións macroeconómicas de verán da Comisión apuntan así a un crecemento da economía española en liña co previsto polo Goberno para este ano, pero son máis pesimistas polo que a 2023 se refire, xa que o Executivo español proxecta unha subida do PIB do 4,3 % para este ano e do 3,5 % para o que vén. 

As previsións enmárcanse nun contexto inflacionista que rexistra unha espiral á alza principalmente pola escalada do custo da enerxía tras a invasión militar rusa de Ucraína e a suba dos prezos das materias primas polos pescozos de botella da cadea de subministración.  

Para o Goberno eses datos de Bruxelas demostran que a inflación é un fenómeno europeo e mundial; pero confirman que os prezos de enerxía, alimentos e dos produtos turisticos van seguir elevandos, segundo confirmou a ministra Nadia Calviño nunha entrevista en Radio Nadional 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar