Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bolaños e Feijóo, dúas visións contrapostas sobre a situación de Sumar e Podemos

Bolaños e Feijóo, dúas visións contrapostas sobre a situación de Sumar e Podemos

Félix Bolaños, insta a Sumar e a Podemos a poñer en valor o Goberno progresista máis aló das súas diferenzas

Núñez Feijóo, di que Sumar se chama a si mesmo "espazo" para parecer novo, pero que representa o "populismo de sempre"

G24.gal 01/04/2023 19:39 Última actualización 01/04/2023 20:03

Co pano de fondo das diferenzas entre Sumar e Podemos, o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, sostén que as dúas formacións deben "poñer en valor a España progresista" que está a favor dun Goberno que protexa a cidadanía.

 "A min gustaríame que máis aló das, lexítimas ou non, diferenzas que poidan ter en Sumar e Podemos que mirasen polos españois, polos españois que queren que un Goberno progresista liderado por Pedro Sánchez continúe facendo avanzar o noso país cada día como foi esta semana. Unha semana magnífica, magnífica, porque se blindan as pensións".

Desde o Partido Popular, Núñez Feijóo referiuse a Sumar e Podemos sen citalos dicindo que son "eses partidos que cada catro anos cambian de nome" para parecer que ofrecen novidades, pero que son sempre os mesmos e ofrecen receitas políticas vellas.

"Sabedes por que teñen que cambiar constantemente de nome? Porque non teñen nada que ofrecer á xente, porque a xente dáse conta moi axiña de que son os de sempre e porque canto máis coñecidos sexan menos os votan. Sabedes que son? O populismo de sempre".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade