Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basilio Otero: "Se levamos 50 anos pescando e hai corais, será que non os danamos"

Basilio Otero: "Se levamos 50 anos pescando e hai corais, será que non os danamos"

As confrarías preparan mobilizacións e protestas

G24.gal 28/09/2022 08:40

As confrarías preparan mobilizacións e protestas contra a norma comunitaria que prohibirá a pesca en 87 áreas do cantil atlántico europeo a partir do día 9 de outubro.

O patrón maior de Burela e presidente da Federación Española de Confrarías Basilio Otero di non entender o que cualifica como "persecución de Bruxelas contra a pesca". Falaba no Galicia por diante.

"Son zonas de pesca en que levamos pescando máis de 50 anos. O que se pretende preservar aí son corais de auga fría, que son de moi lento crecemento. A miña pregunta é: se levamos máis de 50 anos pescando aí e hai corais de augas frías, será que non danamos coral ningún. Entón, que é o que queren prohibir? A pesca?".

"Europa é deficitaria en pesca. Importamos o 70 por cento do que consumimos. Con estas prohibicións o que se pretende é importar máis. Non sei se alguén ten intereses na importación, pero, dende logo, que non nos poñan a escusa de protexer fondos mariños porque esa non é a razón".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade