Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Partido Popular de Feijóo gañaría hoxe as eleccións e podería sumar maioría absoluta con Vox

O Partido Popular de Feijóo gañaría hoxe as eleccións e podería sumar maioría absoluta con Vox

O novo líder popular sitúase como o favorito para presidir o Goberno no último barómetro de GaD3

G24.gal 09/04/2022 12:13

O PP recupérase e con Alberto Núñez Feijóo de líder gañaría hoxe as eleccións xerais, segundo o último barómetro de GaD3 para ABC. A sondaxe coloca os populares en posición de sumar maioría absoluta se pactan con Vox.

Segundo a enquisa, feita xusto despois do congreso do PP no que Feijóo asumiu a presidencia, a formación acadaría o 29,4 % dos votos (sete puntos máis ca en febreiro), unha pinza de 124-128 deputados no Congreso.

Con este resultado, podería sumar maioría absoluta con Vox, que nesta enquisa obtén entre 51 e 53 escanos e o 15,4 % dos sufraxios.

De acordo coa sondaxe, o PSOE colocaríase en segunda posición co 25,3 % dos votos (entre 96 e 100 escanos), mentres que Unidas Podemos obtería o 10,7 % (de 26 a 28 deputados).

O barómetro tamén recolle as preferencias da cidadanía sobre quen debería ser o presidente de Goberno. En primeiro lugar aparece Alberto Núñez Feijóo, cun 22 %, seguido de Pedro Sánchez, cun 19,1 %, e Yolanda Díaz, co 12,8%. Santiago Abascal ocupa a cuarta posición co 8,7 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade