Publicador de contidos

Publicador de contidos

Banca e enerxéticas, en contra dos novos impostos para estes sectores

Banca e enerxéticas, en contra dos novos impostos para estes sectores

O Goberno prevé recadar 7.000 millóns de euros cos novos gravames temporais ás grandes empresas financeiras e enerxéticas

G24.gal 29/07/2022 14:43

A estimación é que o novo imposto á banca recadará 3.000 millóns de euros nos dous anos que se aplique. Terán que pagalo as entidades que ingresasen máis de 800 millóns de euros en xuros e comisións netas, e pagarán un 4,8 % deses ingresos. Son grandes entidades como o Santander, BBVA ou Caixabank, e tamén entraría Abanca. 

"Vémolo con preocupación, confiamos en que non resulte aprobado", afirma Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca. Dende o Santander tamén se opoñen ao novo tributo, e entenden que "estigmatiza o sector", di o conselleiro delegado José Antonio Álvarez.

As patronais bancarias piden cambios durante a tramitación parlamentaria da norma, que comezará en setembro. Cren que o novo gravame lastrará a recuperación económica, e defenden que o sector xa contribúe abondo. "A carga tributaria que soporta o sector é enormemente relevante", afirma Juan Villota, voceiro da CECA.

Oposición tamén dende as enerxéticas, ás que se dirixirá o segundo novo imposto. As que facturen máis de mil millóns de euros pagarán un 1,2 por cento dos ingresos. Critican dende a Asociación de Empresas de Enerxía Eléctrica que o gravame estea baseado nos ingresos e non teña en conta o aumento dos custos de produción, que -din nun comunicado- reduciu os beneficios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade