Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balizas intelixentes para reducir peches pola néboa na A-8

Balizas intelixentes para reducir peches pola néboa na A-8

Permitirán reducir case nun 80 % os peches da autovía pola néboa no alto do Fiouco

G24.gal 25/01/2022 14:23

As novas balizas intelixentes do alto do Fiouco, en Mondoñedo, permitirán mellorar a visibilidade neste treito da A-8 que tantas veces ten que pechar pola néboa. As balizas póñense en vermello cando pasa o vehículo para advertir os que circulan detrás. Con este sistema vanse reducir case nun 80 por cento eses peches. 

Son 372 balizas nun treito de algo máis de catro quilómetros por sentido, e a súa posta en marcha supuxo un investimento de case 900.000 euros. Os condutores, cansos de cortes e problemas de tráfico, agardan que a situación mellore.

Ao mesmo tempo o Goberno analiza outros catro proxectos para ver cal deles pode complementar as medidas de seguridade neste alto do Fiouco, que viña pechando unha media de máis de 500 horas ao ano pola néboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade