Publicador de contidos

Publicador de contidos

A gasolina abaratou un 0,24% na última semana e o gasóleo un 1,37% 

A gasolina abaratou un 0,24% na última semana e o gasóleo un 1,37% 

O gasóleo encadea catro semanas de descensos e xa custa menos ca a gasolina

Tras esta baixada, o diésel sitúase a niveis de hai un ano

G24.gal 02/03/2023 11:37 Última actualización 02/03/2023 12:04

O prezo dos carburantes segue á baixa. Na última semana, a gasolina abaratou un 0,24 % e o gasóleo un 1,37 %. Este último, encadea catro semanas de descensos e, por terceira semana consecutiva, custa menos que a gasolina, segundo o Boletín Petroleiro da Unión Europea (UE).

Segundo datos recollidos en máis de 11.400 estacións de servizo españolas entre o 21 e o 27 de febreiro, o prezo medio da gasolina sitúase en España en 1,632 euros o litro e o do gasóleo en 1,589 euros. Na zona euro, o prezo medio da gasolina está en 1,772 euros por litro e o do gasóleo, en 1,718 euros

Co último descenso semanal, o prezo da gasolina en España atópase no nivel que tiña hai dúas semanas, mentres que o do gasóleo é similar ao rexistrado na primeira semana de outubro do ano pasado, aínda que hai que ter en conta que entón estaba en vigor o desconto de 20 céntimos por litro.

O prezo da gasolina abaratou un 1,69 por cento con respecto a un mes, pero segue por riba do gasóleo, que está agora un 6,75 % máis barato que hai trinta días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade