Publicador de contidos

Publicador de contidos

Axudas de catro millóns de euros para gandeiros e agricultores afectados polo lume

Axudas de catro millóns de euros para gandeiros e agricultores afectados polo lume

O conselleiro do Medio Rural reuniuse cos alcaldes dos concellos afectados en Valdeorras e no Courel

Tamén abordaron a reordenación do territorio, como medida a medio prazo

G24.gal 28/07/2022 20:57

A consellería do Medio Rural destinará catro millóns de euros para a reparación dos danos agroforestais ocasionados polos incendios. O conselleiro reuniuse esta tarde cos alcaldes dos concellos de Valdeorras afectados polo lume para abordaren outras medidas con vistas ao futuro.

O venres publícanse no DOG e, a partir de entón, xa se poderán solicitar esas axudas destinadas a aqueles que sufriron danos de carácter agrario, gandeiro ou forestal: "Cubrindo danos na maquinaria, peches, explotacións, tamén alimentación do gando, reposición dese gando se fora o caso...", explica José González, conselleiro do Medio Rural.

Outras medidas

É a primeira das medidas que José González abordou cos alcaldes, pola mañá cos do Courel e, xa pola tarde, cos de Valdeorras. A segunda medida, a medio prazo, é para evitar escorras con vistas ao inverno.

José González, conselleiro do Medio Rural: "Está traballando a xente do Centro de Investigación de Lourizán, que son os maiores expertos que temos non só en Galicia senón en España en estudo de afectación dos solos polos lumes e das medidas paliativas para evitar o risco de erosión".

Pero o que máis lles preocupa a todos é o longo prazo: que no futuro, os veciños non teñan que volver pasar polo mesmo.

Mari Carmen González Quintela, alcaldesa de Carballeda de Valdeorras: "Levamos unha boa lección, pero eu quero esquecer a traxedia, a tristeza, e falar de futuro. E empezamos a construír".

Coinciden na urxencia dun plan de reordenación do territorio, a terceira das medidas que promove a consellería.

Alfredo García, alcalde do Barco: "É necesario que en cada aldea haxa unha familia ou dúas que vivan do territorio. Así, seguirán existindo incendios forestais, pero non se queimarán as casas".

Nos casos de Valdeorras e O Courel, os lumes debéronse ás treboadas, pero o conselleiro puxo o foco tamén nos incendiarios, tras a localización de artefactos en varios lumes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade