Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso laranxa por temporal costeiro o luns na Coruña e Lugo

Aviso laranxa por temporal costeiro o luns na Coruña e Lugo

As chuvias activan o aviso amarelo nas catro provincias galegas e noutras no sur de España pola borrasca Efraín

O vento tamén será intenso en moitas zonas da península

O mar golpea no litoral da Coruña O mar golpea no litoral da Coruña
G24.gal 11/12/2022 19:31 Última actualización 11/12/2022 19:40

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta acaba de activar para este  luns un aviso laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará ás primeiras horas de mañá na Mariña lucense e no noroeste da Coruña por mar combinado do suroeste con ondas de ata cinco metros debido ao mar de fondo e vento do suroeste forza 8 de ata 74 quilómetros por hora.

No resto do litoral galego, o nivel de aviso será amarelo, tamén por mar combinado do suroeste e ondas de ata cincoi metros e mar de fondo e ventos do suroeste forza 7.

Ademais, estará activo o aviso amarelo por precipitacións acumuladas en toda a provincia de Pontevedra, no suroeste da Coruña, no sur de Lugo e no noroeste e na zona do Miño de Ourense.

En canto ao vento, o nivel de aviso será amarelo porque soprará do suroeste con refachos de ata 80 quilómetros por hora na provincia de Pontevedra, na Mariña lucense e no noroeste, oeste e suroeste da Coruña.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos, e recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

A borrasca Efraín pon en aviso 33 provincias en España, aínda que polo de agora nos afecta de xeito indirecto, con humidade e frontes con chuvias abondosas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade