Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso laranxa na Costa da Morte e nas Rías Baixas por vento no mar

Aviso laranxa na Costa da Morte e nas Rías Baixas por vento no mar

Agárdanse ventos do sur de forza 8 a partir do mediodía

G24.gal 22/10/2022 09:46

Galicia continúa baixo a influencia dunha profunda borrasca, situada ao oeste da comunidade, que está a xerar fortes ventos, sobre todo no mar, e chuvias intensas.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou a partir do mediodía o aviso laranxa na Costa da Morte e nas Rías Baixas

Nestas zonas do litoral agárdanse ventos do sur de forza 8 que poderían continuar na xornada do domingo, data na que tamén se agardan ondas de ata seis metros. 

O Goberno autonómico lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa e apela a extremar as medidas de seguridade á hora de facer calquera actividade no mar, así como revisar cabos e amarres das embarcacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade