Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso amarelo por altas temperaturas no sur da comunidade

Aviso amarelo por altas temperaturas no sur da comunidade

Volve a calor abafante ao sur de Galicia

Desta volta os valores quedarán arredor dos 35 graos de máxima

A xente busca a sombra en Castrelo de Miño
G24.gal 21/07/2022 14:50

 "Ultimamente está pasando moito disto, que se sobe a temperatura radical, eh".

" Hai que coller o que veña, porque a xente quéixase, vai moita calor, cando vai frío porque vai frío, se chove porque chove, entón hai que coller o que veña", contaban esta mañá en Castrelo de Miño.

E o que vén é de novo a calor, especialmente en todo o sur da comunidade, que está en aviso amarelo por altas temperaturas. As casas son un escudo de protección.

 "A parte de abaixo é moi fresca, entón estamos na parte de abaixo, e non o noto, pero cando saes á estrada aquilo é lume, aquilo é que non se resiste", explica unha señora.

Con todo, non teremos os valores da semana pasada.

 "A semana pasada non se podía durmir", dicía outra.

"Se  veñen unhas temperaturas de 37, 38 que se manteñen no longo do día á noite vainos facer 29 ou 30 graos polo menos", apunta un veciño.

Pois non, por sorte desta volta non se esperan noites tropicais, en xeral estarán todas por debaixo dos 20 graos, pero non chegarán aos 6  que tivo hoxe de mínima Calvos de Randín.

"Estivo fresca, e á mañá tamén facía frescote, pero ben, agora xa ven o sol e xa non quenta", contaba unha muller.

 "A calor ven xa para estar moito tempo, penso eu", afirmaba un señor.

Pois seica non tanto. Para o domingo hai descenso de temperaturas, máis acusado no litoral, e o luns entra unha fronte, aínda que moi pouco activa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade