Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumento da mobilidade e novas normas marcan as viaxes por estrada esta Semana Santa

Aumento da mobilidade e novas normas marcan as viaxes por estrada esta Semana Santa

Prevese un número de desprazamentos moi próximo ao rexistrado hai dous anos, na prepandemia

A chuvia intensa condiciona o inicio da operación especial de Semana Santa este venres nas estradas de Galicia
G24.gal 08/04/2022 14:00

Unha cifra de desprazamentos en coche moi próxima á de hai dous anos e novas normas con maior penalización para determinadas accións ao volante son a característica na hora previa ao comezo da operación especial de tráfico desta Semana Santa.
Este ano, con campaña nova para persuadirnos de que na nosa man está evitar a maior parte de mortes en accidentes de coche.

"Nove mulleres, vinte e sete homes. Tres en Galicia", di a mensaxe.

"As estatísticas da DXT dinnos que tres persoas van morrer estes días nas estradas de Galicia. Nós imos intentar que non se produzan eses falecementos e, sobre todo, imos intentar que esas persoas que son vítimas inocentes pola irresponsabilidade doutro protexelas e retirar ese potencial infractor que vai ocasionar un accidente mortal", explica Héctor Teixeira, garda civil.

Nos últimos tres meses morreron en accidente de tráfico en Galicia 23 persoas. Entre elas hai tres que ían ao volante e que foron vítimas inocentes. O cumprimento das normas é determinante na seguridade viaria e adaptarse tamén ás adversidades atmosféricas, como lembra a coordinadora da DXT en Galicia, Victoria Gómez:

"Un día coma hoxe, de tanta chuvia, convén levar as luces de cruzamento prendidas sempre, un peón que vai polas estradas debe levar o chaleco reflector, reducir a velocidade e manter sempre a distancia de seguridade co vehículo precedente por se hai que frear, facelo con seguridade".

Outra clave na prevención de accidentes en estrada está en aplicar toda a atención e precaución tamén cando se fan traxectos curtos e coñecidos, como sinalada Teixeira:

"E moi importante, unha vez que chegamos a Galicia á nosa zona de segunda residencia, onda familiares e demais, é moi importante non descoidar eses desprazamentos curtos onde coñecemos a estrada e nos sentimos relaxados porque xa estamos na casa... porque é aínda onde se produce a maioría dos accidentes, ao lado da casa".

A DXT ten activo un amplo dispositivo que inclúe dous mil elementos móbiles de control, como drons e helicópteros, ademais dunha gran despregadura de gardas civís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade