Cargando resultados...
Aumenta a demanda de roupa para caracterizarse para a festa do Arde Lucus
Aumenta a demanda de roupa para caracterizarse para a festa do Arde Lucus
As tendas especializadas ofrecen deseños orixinais a partir de quince euros
G24.gal
25/05/2022 21:03
Última actualización 25/05/2022 21:36
Achégase o Arde Lucus e as tendas de roupa especializadas nesta festa non dan abasto. Desde principios deste mes son moitos os que acoden a buscar o imprescindible para caracterizarse de romano ou castrexo.
Hai prendas para todos os gustos, para todos os petos e para todas as idades.
Para participar nesta festa é moi recomendable facelo con roupa de época.
Unha imaxe que contribúe a que Lugo durante catro días, a partir do 9 de xuño, se traslade á época na que se fundou a cidade.