Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil detén un home que intentou atarcar unha gasolineira en Tui a punta de pistola

A Garda Civil detén un home que intentou atarcar unha gasolineira en Tui a punta de pistola

Foi no barrio da Ponte Nova e, segundo testemuñas, houbo un disparo ao aire

O asaltante retivo durante 15 minutos a un empregado da estación de servizo

G24.gal 09/12/2025 08:52 Última actualización 09/12/2025 10:21

As forzas de seguridade detiveron un home que á primeira hora desta mañá intentou atracar unha gasolineira a punta de pistola en Tui. Foi no barrio da Ponte Nova e, segundo testemuñas, houbo un disparo ao aire.

O suceso tivo lugar pasadas as 08:00 horas deste martes e a Garda Civil detivo o presunto autor dos feitos. No suceso non resultou ferida ningunha persoa. 

Segundo afirmaron fontes da investigación, o asaltamte retivo un empregado da estación de servizo durante 15 minutos. O detido ten antecedentes por feitos similares.

O asaltante causou numerosos estragos no interior da gaolineira. Estragou o TPV, un ordenador e todas as pantallas. Segundo testemuñas, pegoulle cun extintor na cabeza a un cliente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade