Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan un zulo soterrado nunha nave industrial de Vilanova de Arousa

Atopan un zulo soterrado nunha nave industrial de Vilanova de Arousa

A tese policial sostén que o agocho era utilizado para probar narcolanchas

G24.gal 28/04/2022 14:34

É no interior desta edificación situada no polígono de Tremoedo, en Vilanova de Arousa, onde os investigadores atoparon unha nave soterrada, presuntamente empregada pola suposta organización para gardar as narcolanchas, para preparalas. A empresa de reparacións náuticas que ten as instalacións alugadas desde 2018 continúa a desenvolver, no lugar, a súa actividade laboral.

A través dun prato de ducha os axentes deron co acceso ao agocho, do que se sospeita que puido servir para poñer a proba a funcionalidade das lanchas. A operación, que continúa aberta, é a segunda grande actuación contra o tráfico de drogas que se desenvolve nas Rías Baixas en menos dun mes.

O negocio de mantemento de embarcacións, que ten alugada a nave de Tremoedo onde apareceu o zulo, continúa funcionando con normalidade. O suposto líder da organización, detido durante a fin de semana en Alxeciras, xa está en prisión, pero os demais arrestados teñen que declarar no Xulgado de Instrución de Cambados, acusados de posesión de drogas e pertenza a organización criminal. 

Trátase dunha investigación compartida pola Garda Civil, a Policía Nacional e a Policía Xudiciaria portuguesa. Nestes últimos días efectuáronse 11 rexistros en vivendas, negocios e naves industriais, e foron interceptadas 19 lanchas rápidas, 4 delas en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade