Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan un home morto na súa casa de Culleredo despois dun mes

Atopan un home morto na súa casa de Culleredo despois dun mes

A veciñanza de Acea de Ama, en Culleredo, botábao en falta dende o Nadal

Puxeron un vaso de auga diante da porta para confirmar que non entraba nin saía

G24.gal 01/02/2022 14:18

Manuel vivía só nunha casa de Acea de Ama, en Culleredo. Non era unha persoa especialmente sociable, pero toda a veciñanza o coñecía. 

Despois do Nadal empezaron a botalo en falta e a clave para confirmar que lle pasara algo malo foi un vaso de auga que un veciño puxo diante da porta. Fíxoo para confirmar que o home non entraba nin saía do domicilio.

Corría o rumor de que ingresara nunha residencia, pero non era certo. O vaso da porta non se moveu e a Garda Civil, cando acudiu, non tardou en confirmar o peor dos presaxios: Manuel levaba máis dun mes morto no interior do domicilio. Atoparon o cadáver en avanzado estado de descomposición.

A casa permanece precintada e a moto de Manuel, aparcada diante da porta. Lamentablemente, cada vez son máis os casos de persoas maiores que viven soas e morren exactamente igual. Só o paso do tempo fai saltar as alarmas ante a súa ausencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade