Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan morto un home de 32 anos no baño dun edificio do campus de Santiago

Atopan morto un home de 32 anos no baño dun edificio do campus de Santiago

Os empregados do servizo de limpeza deron o aviso ao detectar que a porta levaba moito tempo pechada

O home tiña canda el unha mochila e unha xiringa con restos de sangue

A vítima estaba no baño da Oficina de Información da USC
G24.gal 30/09/2022 12:39

Conmoción, mutismo e sorpresa mesturábanse este venres entre o persoal da Oficina de Información da Universidade de Santiago no Campus Vida polo suceso que algúns viviron en primeira persoa na tarde de onte e outros coñecían esta mesma mañá.

Segundo relatan as testemuñas, o persoal de limpeza do centro pasara varias veces polos baños masculinos e estrañoulles que unha das portas estivese todo o tempo pechada. Avisaron o vixilante de seguridade e ao asomarse desde o baño contiguo viu a vítima xa inconsciente sentado no váter.

Decidiron entón abrir a porta cunha moeda mentres avisaron os Servizos de Emerxencias pero cando chegaron non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Trátase dun veciño de Santiago, de 32 anos, que non era alumno da universidade. Ao seu carón tiña unha mochila e unha xiringa con restos de sangue.

A Policía Nacional investiga este suceso. Á espera do resultado da autopsia, as hipóteses sobre a causa da morte están abertas: barállase se era diabético ou se faleceu por unha sobredose de drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade