Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a morte de polo menos 22 persoas nunha discoteca de Suráfrica

Investigan a morte de polo menos 22 persoas nunha discoteca de Suráfrica

A maioría das vítimas son mozos de entre 18 e 20 anos

A policía trata de determinar as causas do incidente

Exteriores da discoteca de East London en Suráfrica coa policía Exteriores da discoteca de East London en Suráfrica coa policía
G24.gal 26/06/2022 10:29 Última actualización 26/06/2022 13:42

As autoridades surafricanas confirmaron este domingo a localización de polo menos 22 mozos falecidos no interior dunha discoteca da cidade de East London, na provincia de Cabo Oriental, ao sueste do país, sen que polo de agora se informara das circunstancias das mortes.

O xefe da policía de cabo Oriental explicou que recibiron un aviso sobre as 4:00 horas da madrugada de que había mozos mortos no local como consecuencia dunha probable avalancha.

Os forenses recompilan aínda información sobre o sucedido na discoteca. Aínda que nas primeiras horas do domingo a cifra de falecidos era de 17, nas últimas horas varios dos feridos morreron no hospital. o que elevou a 22 polo momento as vítimas mortais.

A páxina de Facebook do local informaba de que o establecemento estaba reservado a noite do sábado para celebrar unha festa polo aniversario de dúas persoas. Moitos veciños congregáronse no lugar para lograr información sobre os seus fillos despois de que saíran de diversión pola noite e aínda non regresaron a casa.

A Policía e os servizos de emerxencia surafricanos están aínda no bar, coñecido como Enyobeni Tavern, recollendo datos para a investigación.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade