Publicador de contidos

Aspas rabuña un punto no último suspiro dun partido tolo (3-3)

Aspas rabuña un punto no último suspiro dun partido tolo (3-3)

Os de Coudet marcharon 0-3 abaixo ao descanso

Antes do empate anuláronlle dous goles a Nolito e Galhardo

G24.gal 06/11/2021 18:14

A tarde comezou coa homenaxe a un emblema e un exemplo, Sergio Álvarez. E a seguir continuou coa Chachoneta costa abaixo e sen freos. E iso que nada máis arrancar un bo pase de Nolito deixou a Aspas ante o porteiro. Foi un espellismo. Porque a primeira parte foi do Barça.  Apenas tres minutos despois desa ocasión, no cinco, un desaxuste na subida de Alba, daba co gol de Ansu Fati. O seu tiro petou en Mallo.

 

 

O Celta neste período amosouse como un conxunto brando e desaxustado. Á deriva. Nen sequera as mostras de cariño do minuto dez con Aspas conseguiron revitalizalo. No 18, Busquets colcocaba fácil o segundo culé. E aínda antes do intermedio, o Barça lograría o terceiro tras unha bonita acción entre Nico e Alba que pechou Depay. 0-3. Run-run en Balaídos, miradas de decepción e dúbidas sobre este Celta, un boneco en mans do peor Barça en anos.

Gol anulado a Galhardo

Á volta, Coudet sentou a Mallo e a Solari. Entraron Kevin e Beltrán. O Celta encontrouse amais co lesiónde Ansu Fati e pasou a dominar. Aos 51 minutos, Aspas aproveitaba un despexe de Araújo pra meter ao Celta na pelexa.

O Celta non afrouxou e no Barça comezaron as dúbidas. Que foron máis cando Nolito acertou a cabecear un centro de Cervi. Non perdan a marcaxe e Lenglet. Impropia deste nivel.

E co Celta desatado, coa bancada volcada, no 95 chegou o éxtase. Un centro lateral, a inseguridade culé, colocouna Galán e rebricou Aspas. 3-3. Outra vez Aspas. Coma sempre o de sempre, Aspas, Balaídos pasou da debacle á festa en 45 minutos, cun Celta imprevisible, tan capaz do peor como do mellor.  

Gol anulado a Nolito

Iago Aspas recibiu o agarimo do público e respostou con dous goles. Precisamente a conexión coa bancada foi fundamental para Coudet. Ata o punto de que o técnico tende pontes. Pídelle un esforzo ao club para facilitar asistencias como a de hoxe, a maior da temporada. E, ollo, pídelle que se reconcilie co Alcalde na histórica lea que manteñen. Escoiten.

Coudet pide a reconciliación de Mouriño co alcalde de Vigo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos