Publicador de contidos

Publicador de contidos

Así conseguiron liberar a muller secuestrada dende hai seis días no Porriño

Así conseguiron liberar a muller secuestrada dende hai seis días no Porriño

O presunto agresor, veciño do Porriño de 26 anos, estaba en busca e captura

G24.gal 26/07/2022 18:00

A policía libera unha muller que levaba seis días secuestrada nun piso do Porriño. Sóuboo polas notas que ela escribiu e guindou pola ventá. Esta tarde a xuíza decretou prisión provisional para o seu capturador.

A primeira hora da tarde coñeciamos a decisión da maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño. O home detido xa pasará hoxe a súa primeira noite no cárcere e está a ser investigado polos delitos de detención ilegal, lesións e agresión sexual.

Todo sucedeu nun céntrico edificio da vila, e foi a propia vítima quen deu a voz de alarma. Fíxoo botando pola fiestra un par de notas manuscritas en que pedía axuda e dicía temer pola súa vida.

Unha veciña atopounas e alertou os servizos de emerxencia, o cal permitiu a rápida actuación dos axentes da Policía Local e da Garda Civil, que conseguiron liberala.

O presunto agresor é un veciño do Porriño de 26 anos que estaba en busca e captura e tiña unha orde de ingreso en prisión por un delito similar cometido en Ponteareas.

A muller levaba retida dende o 19 de xullo, e a súa familia xa denunciara a súa desaparición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade