Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ascenden a once as vítimas mortais polas fortes choivas no centro de Italia

Ascenden a once as vítimas mortais polas fortes choivas no centro de Italia

Continúa a busca dun neno de oito anos e dunha muller de 56

G24.gal 17/09/2022 17:43 Última actualización 17/09/2022 18:03

Aumenta o número de vítimas mortais polos asolagamentos que afectaron na noite do xoves a rexión das Marcas, no centro de Italia. Os equipos de rescate recuperaron un corpo nas últimas horas polo que xa son once as persoas falecidas.

Ademais, continúan desaparecidas dúas persoas: unha muller de 56 anos e un neno de oito. O cativo viaxaba no coche onda a nai, que se atopa hospitalizada, cando a crecida do río os alcanzou na provincia de Senigallia.

Nesta zona segue a chover intensamente. As autoridades pídenlle á cidadanía que non saia da casa e que se refuxie nos pisos máis altos. Tamén se decretou o peche de todas as actividades comerciais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade