Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asasinada unha muller en Valencia nun suposto caso de violencia machista

Asasinada unha muller en Valencia nun suposto caso de violencia machista

O corpo, localizado nunha vivenda, presentaba numerosas feridas de arma branca

O presunto agresor, co que mantiña unha relación sentimental, permanece detido

Operarios do retén fúnebre sacan o cadáver da muller. EFE/Kai Försterling Operarios do retén fúnebre sacan o cadáver da muller. EFE/Kai Försterling
G24.gal 04/12/2021 13:45

Unha muller de 30 anos morreu acoitelada este sábado en Valencia. O suposto asasino, un home de 35 anos co que mantiña unha relación sentimental, permanece detido.

Axentes da Policía Nacional toparon o corpo sen vida da vítima nunha vivenda da rúa Conde de Altea, no barrio de l'Eixample. Presentaba numerosas feridas de arma branca.

Ao lugar trasladouse unha xuíza de garda de Violencia sobre a Muller de Valencia. Estase a pescudar se constaban denuncias previas por parte da falecida.

Unha irmá da vítima denunciara a súa desaparición na mañá do venres, xa que deixara de responder as chamadas. Foi a súa nai quen atopou o corpo sen vida tras acudir ao domicilio. O presunto agresor, que resultou ferido tras fuxir polo patio de luces, permanece  baixo custodia no hospital. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade