Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asaltan dezasete coches nun garaxe comunitario de Baiona

Asaltan dezasete coches nun garaxe comunitario de Baiona

Dous mozos detidos, un deles é menor de idade 

G24.gal 09/03/2022 13:42

Tentaron acceder aos garaxes polo portal principal sen éxito. Porén, si o conseguiron pola parte traseira do inmoble. Sucedeu de madrugada e os veciños decatáronse de que algo acontecía.

Os asaltantes causaron estragos nos once vehículos que estaban no interior do garaxe e tamén noutros seis que estaban no aparcadoiro exterior. Romperon as ventás, danaron os espellos retrovisores e levaron algunhas pertenzas do seu interior.

Os presuntos autores dos feitos conseguiron fuxir pero poucas horas despois detívoos a Garda Civil. Son dous mozos veciños de Baiona e do Porriño, un deles menor de idade. Estaba previsto que ao longo do día pasaran a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar