Publicador de contidos

Publicador de contidos

As zonas vitivinícolas xa comezaron coa poda das videiras

As zonas vitivinícolas xa comezaron coa poda das videiras

A friaxe favorece a loita da planta podada contra as pragas

A fase da lúa tamén é favorable para este labor imprescindible

G24.gal 15/12/2021 14:07

vara-cotón, en gullot, en vaso... hai moitas formas de podar e todas son imprescindibles para a saúde da videira. Esta é a época máis acaída para a poda porque as plantas están en parada vexetativa, é dicir, o zume apenas circula. Para os viticultores paga a pena pasar tanto frío nos viñedos porque ao podar con temperaturas baixas tamén se axuda a reducir o impacto de futuras pragas.

Para acelerar un labor que require de moito tempo, xa se están a empregar tesoiras eléctricas que facilitan o corta da parte máis leñosa da videira. Por contra, mantense a tradición de procurar non facer a poda cando a lúa está en cuarto minguante, porque se debilita a planta. E é que a poda é un ritual sagrado nas zonas de viña e suxeito a moi diferentes técnicas e mesmo pragado de lendas...

Ata hai uns anos a poda deixábase para xaneiro e febreiro, pero a profesionalización do sector fai adiantala ao outono. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade