Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vendas na automoción medraron máis dun 7 % en Galicia

As vendas na automoción medraron máis dun 7 % en Galicia

Alcanza cifras récord de facturación a pesar da crise dos microchips

G24.gal 21/03/2022 21:32

A automoción galega alcanza cifras récord de facturación a pesar da crise dos microchips. As vendas medraron máis dun 7 %.

A automoción galega facturou 11.200 millóns de euros en 2021. E as exportacións tamén marcaron o mellor dato histórico, medraron un 12 %, segundo datos do Clúster de Automoción de Galicia.

Esta planta de Stellantis, en Vigo, mantense como a máis produtiva de España, fabricou máis do 23 % dos coches producidos en todo o país. 

E todo isto malia a crise de aprovisionamentos, o encarecemento das materias primas e os efectos da pandemia. A cara negativa foi a perda de empregos por mor da crise dos microchips, que obrigou a suspender temporalmente liñas de produción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade