Publicador de contidos

Publicador de contidos

As treboadas concéntranse no interior de Galicia

As treboadas concéntranse no interior de Galicia

Pedrazo caído en Cova (Trives) e en Cabanas (San Xoán de Río)
G24.gal 24/08/2022 20:43

As treboadas concentráronse esta tarde no sur de Lugo e norte da provincia de Ourense.

Os propios veciños fixeron fotografías nas que se observa o tamaño do pedrazo que caeu na aldea de Cova, en Trives, e en San Xoán de Río. Alí recolléronse 20 litros de auga por metro cadrado nunha hora escasa, entre as seis e as sete da tarde, o mesmo ca en Monforte.

As comarcas de Lemos, Sarria e Os Ancares foron as máis afectadas. Ao longo da tarde, rexistráronse máis de 500 raios en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar