Publicador de contidos

Publicador de contidos

As protestas en Irán pola morte de Mahsa Amini deixan 41 persoas falecidas

As protestas en Irán pola morte de Mahsa Amini deixan 41 persoas falecidas

A moza de 22 anos fora detida por non levar ben posto o veo islámico

G24.gal 25/09/2022 12:13 Última actualización 25/09/2022 12:39

Polo menos 41 persoas morreron nas protestas que sacoden Irán desde hai nove días pola morte de Mahsa Amini, falecida tras ser detida por non levar ben posto o veo islámico, informou a televisión estatal iraniana.

"Lamentablemente 41 persoas perderon a vida nos disturbios dos últimos días en diferentes partes do país", informou IRIB, matizando que non son datos oficiais.

O Goberno organiza este domingo novas marchas en apoio ao réxime nunha repetición do que xa fixera o venres, cando milleiros de persoas marcharon en defensa do veo islámico e en oposición ás protestas pola morte da moza de 22 anos.

Amini foi detida o martes da semana pasada pola chamada Policía da Moral en Teherán, onde se atopaba de visita, e foi trasladada a unha comisaría para asistir a "unha hora de reeducación" por levar mal o veo.

Morreu o venres 16 nun hospital, a onde chegou en coma tras sufrir un ataque ao corazón, que as autoridades atribuíron a problemas de saúde, problemas negados pola familia.

Protestas en todo o país

Tras coñecerse a morte, as protestas e manifestacións en contra do acontecido estendéronse por todo o país e rexistráronse fortes choques entre asistentes e forzas de seguridade.

As autoridades non informan do número de detidos totais, pero só na provincia de Guilan arrestaron 736 persoas consideradas "alborotadoras".

O presidente iraniano, Ebrahim Raisí, chamou este sábado a actuar "con decisión" contra os que se opoñen á "seguridade e tranquilidade do país" e pediu que "se separe a protesta e a perturbación da orde pública".

Goberno ultraconservador

O Goberno do ultraconservador aumentou nos últimos meses a presión para que as mulleres cumpran coas estritas regras de vestimenta e usen ben o veo, obrigatorio desde a revolución de 1979 liderada polo aiatolá Ruholá Jomeiní.

Entre as medidas para atallar as protestas atópanse a cancelación das clases presenciais nas universidades de Teherán, a detención de xornalistas e as restricións da Internet.

As redes móbiles córtanse polas tardes e noites para controlar as protestas, mentres a liña fixa funciona de xeito moi retardado.

Unión fronte á dor

A morte de Amini logrou galvanizar milleiros de persoas a través da dor e a empatía, a diferenza doutras ocasións nas que as manifestacións se reduciron a grupos sociais fragmentados mobilizados por asuntos relacionados coa economía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade