Publicador de contidos

Publicador de contidos

As persoas con discapacidade denuncian longas esperas para que as valoren

As persoas con discapacidade denuncian longas esperas para que as valoren

Nalgúns casos os prazos demóranse ata dous anos

Mentres agardan non poden acceder a servizos sociais específicos ou axudas económicas

G24.gal 03/05/2022 12:51 Última actualización 03/05/2022 15:24

Este martes celébrase o Día dos Dereitos das Persoas con Discapacidade. Aproveitando esta data, houbo protestas de varios colectivos polos atrasos, tanto na avaliación como na implantación do novo baremo da discapacidade.

Fixeron filas de centos de persoas en varias cidades españolas de xeito simultáneo, entre elas Santiago. Así queren denunciar as longas esperas que sofren para obter unha valoración. 

Precisamente, o Consello de Ministros aprobou hoxe a 'Estratexia española para a discapacidade ano 2022-2030'. Foi elaborada tendo en conta as achegas de persoas con discapacidade, máis de catro millóns en España, e das súas familias, explicou a ministra Voceira, Isabel Rodríguez na conferencia de prensa posterior ao Consello.

O Goberno di que a norma supón un paso adiante no recoñecemento dos dereitos de todos os cidadáns e que pretende avanzar na eliminación das barreiras non só arquitectónicas, senón tamén sociais, laborais ou normativas coas que se atopan. Entre as novidades, a incorporación da perspectiva de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade