Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pensións contributivas subirán un 2,5 % a partir de xaneiro

As pensións contributivas subirán un 2,5 % a partir de xaneiro

Debido a un aumento dos prezos superior ao estipulado polo Goberno para este ano, será necesaria outra paga que compense o desaxuste

As pensións mínimas e non contributivas aumentarán un 3 %

G24.gal 29/11/2021 10:07

As pensións contributivas subirán en 2022 un 2,5 % coa nova fórmula de revalorización recollida no proxecto de lei de reforma das pensións na que se ten en conta o IPC interanual media de doce meses.

O Instituto Nacional de Estatística publicou este luns o dato adiantado do IPC de novembro, co que é posible anticipar canto se revalorizarán as pensións contributivas en 2022 facendo a media dos doce meses anteriores.

O cálculo obtido é do 2,5 %, co que as pensións contributivas subirán o próximo ano arredor desa porcentaxe, mentres que as mínimas e non contributivas aumentarán un 3 %.

En todo caso, haberá que esperar a coñecer o dato definitivo do IPC de novembro, que o INE publicará o próximo 15 de decembro, para confirmar a porcentaxe exacta de subida das pensións de 2022.

Debido a un aumento dos prezos superior ao estipulado polo Goberno para este ano, será necesaria outra paga que compense o desaxuste.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar