Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pensións contributivas e o ingreso mínimo vital subirán arredor do 8,5 % en 2023

As pensións contributivas e o ingreso mínimo vital subirán arredor do 8,5 % en 2023

Nos orzamentos xerais do Estado para 2023 o Goberno fixo unha previsión para un incremento do 8,5 % das pensións contributivas e do IMV

A porcentaxe exacta da suba saberase unha vez que se coñeza o IPC interanual de 2022, o día 14 de decembro

A inflación modérase pola baixada da luz e da gasolina e queda no 6,8 %

 

G24.gal 29/11/2022 11:14

As pensións contributivas e o ingreso mínimo vital subirán en 2023 arredor dun 8,5 % coa fórmula de revalorización recollida na lei de reforma das pensións na que se ten en conta, como referencia para determinar a subida destas prestacións, o IPC interanual media de doce meses, desde decembro do ano anterior a novembro do exercicio en vigor.  

Os orzamentos xerais do Estado de 2023, recentemente aprobados no Congreso, non contemplaban a cifra concreta en que subirán as pensións contributivas o próximo ano porque se descoñecía o dato de inflación ao que está vinculada a súa revalorización, aínda que o Goberno calculaba xa que ía estar no 8,5 %, como parece que vai ser.

En todo caso, haberá que esperar a coñecer o dato definitivo do IPC de novembro, que o INE publicará o próximo 14 de decembro, para confirmar a porcentaxe exacta de subida das pensións de 2022, aínda que os datos definitivos de IPC apenas adoitan variar. Como moito a variación podería ser dalgunha décima.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes o dato adiantado do IPC de novembro, que se situa no 6,8 %, segundo a súa estimación.

O custo de revalorizar as pensións arredor do 8,5 % superará os 12.700 millóns de euros

A Seguridade Social calcula que cada décima de subida das pensións ten un custo duns 150 millóns de euros, polo que elevalas un 8,5 % implicará un gasto de 12.750 millóns de euros, aproximadamente.

O Banco de España, pola súa banda, estima que cada décima de incremento implica un custo de 180 millóns de euros. Usando esas estimacións, o custo da subida das pensións nun 8,5 % rozaría os 15.300 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos